Posibilidades de configuración e deseño do curso

Configuración básica: axustes

O máis básico da configuración do curso: o nome do curso, resumo e imaxe

No nome do curso está ben indicar o nome completo da materia e o grupo ou o nome do módulo.

No resumo poderemos engadir o ano académico, para non confundirnos. En todo caso, o resumo non debe estenderse máis de dúas ou tres liñas como moito.

Poñer unha imaxe identificativa que sexa facilmente recoñecible

Sempre é boa idea crear unha imaxe miniatura que permita identificar a materia e aforrar algo de tempo de busca ao entrar.

Configurar o encabezado, a sección 0

Pódese poñer título (por exemplo: Información) ou non. Tamén se pode poñer un banner (a mesma imaxe que a identificativa do curso.

Un banner pódese crear dun xeito rápido e sinxelo, por exemplo, con CANVA.

Outra opción interesante é Photopea.

O título ou a imaxe pódese editar directamente a sección 0 ou engadir unha etiqueta na devandita sección.

Despois pódense engadir varios recursos: como o foro xeral, … Eu poño a programación.