Presentación dun experimento
Requisitos de conclusão
Opened: quarta-feira, 31 de maio de 2023 às 00:00
Due: sexta-feira, 16 de junho de 2023 às 23:59
Nesta tarefa teredes que realizar un experimento na clase e presentalo, ou ben facer a grabación de vídeo na casa e presentalo na clase.
Debes subir o título do experimento que vas facer na clase.
Seguiremos o seguinte esquema na presentación:
- Título do experimento. (1)
- Explicación dos materiais necesarios. (2)
- Realización do experimento (ou presentar a grabación) explicando o proceso.(4)
- Conclusións, incluíndo os principios físicos ou químicos que explican o funcionamento.(2)
- Turno de preguntas. (1)
Podedes atopar experimentos nas seguintes webs:
A valoración corresponderase cos puntos de cada un dos apartados do esquema.
- O título correspóndese co experimento realizado, non da lugar a enganos.
- Noméanse e preséntanse os materiais correctamente, seguindo unha orde lóxica de uso.
- O experimento segue todos os pasos para que se produza eficazmente.
- O experimento correspóndese coa materia do curso e mostra algún dos principios que se teñen estudiado.
- Durante a explicación ou as conclusións relaciónase correctamente o experimento cos principios físicos e químicos.
- Preséntanse outras posibilidades ou experimentos similares a este para os mesmos principios físicos.
- Dase unha resposta clara e adaptada ao nivel do curso, sempre que sexan contidos relacionados co nivel.