Opcións de matriculación

MP0056: ATENCIÓN SANITARIA ESPECIAL EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA. Duración: 227 horas 

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo e control de calidade.
As funcións de prestación do servizo e control de calidade abranguen aspectos como:
Verificación da existencia e do estado do material necesario. Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo. Aplicación de técnicas de apoio ao soporte vital avanzado e outras situacións de emerxencia. Cumprimento dos protocolos normalizados de traballo. Avaliación das actividades e dos resultados.
As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:
Apoio ao soporte vital avanzado. Atención sanitaria en situacións especiais.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais f), o) e s) do ciclo formativo, e as competencias b), c), d), k), o) e r) do título.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:
Identificación e verificación funcional dos equipamentos electromédicos. Identificación do material e descrición do seu uso. Valoración do estado do paciente, recoñecendo os signos de gravidade. Preparación de medicamentos segundo a vía de administración. Aplicación de técnicas de vendaxes. Aplicación de técnicas de control de hemorraxias. Aplicación de coidados iniciais a pacientes en diferentes situacións de emerxencia.  Aplicación das normas de hixiene e prevención de infeccións. Aplicación de manobras de apoio ao parto atendendo ao neonato e á nai.
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de
prestación do servizo e control de calidade.
As funcións de prestación do servizo e control de calidade abranguen aspectos como:
Verificación da existencia e do estado do material necesario. Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo. Aplicación de técnicas de apoio ao soporte vital avanzado e outras situacións de emerxencia. Cumprimento dos protocolos normalizados de traballo. Avaliación das actividades e dos resultados. 

Bibliografia/Texto Recomendado:

Atención Sanitaria Especial en Situación de Emergencia. Editorial Altamar 2023. ISBN: 978-84-17872-39-7

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.