
MP0059:PLANS DE EMERXENCIAS E DISPOSITIVOS DE RISCOS PREVISIBLES. Duración: 105 horas
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo, prevención, seguridade e protección, e control de calidade.
Estas funcións abranguen aspectos como:
Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo.
Elaboración dos documentos asociados.Prevención de riscos.Protección fronte a riscos. Actuación ante emerxencias ou accidentes laborais. Control técnico do proceso. Avaliación das actividades.As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no soporte asistencial.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais n), p), q) e r) do ciclo formativo, e as competencias m) e r) do título.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:
Supostos prácticos de elaboración dun mapa de riscos, de revisión e avaliación dun
plan de emerxencias, e de deseño e execución dun dispositivo de riscos previsibles. Identificación das actividades para realizar polo equipo sanitario nos ámbitos anteriores, nomeadamente as referidas á evacuación de persoas feridas. Identificación de problemas e desenvolvemento de propostas rápidas para os resolver.
Bibliografia/Texto Recomendado:
Planes de Emergencia y Dispositivos de Riesgos Previsibles. Editorial Altamar 2023. ISBN: 978-84-17872-40-3
- Profesor/a: Rosario María Temes Suárez