Section outline

    • Para os do Sergas, Gonzalo xa está avisado, pero aínda así, AVISADE ÓS VOSOS RESPONSABLES

    • Apertura: jueves, 24 de septiembre de 2026, 00:00
      Cierre: jueves, 21 de enero de 2027, 15:54

      Ides facer as entregas das follas de actividade nesta tarefa.

      Por favor, cargádeas en writer e en pdf, nomeándoas como:

      "Apelido 1 Apelido 2, Nome - Mes_Día - Número follas"

      Poñede soamente 2 documentos, un en writer e outro en pdf. O que ides facendo é aumentando o número de follas dentro de ese mesmo arquivo.

    • Apertura: viernes, 25 de septiembre de 2026, 00:00
      Cierre: jueves, 8 de octubre de 2026, 00:00
    • Apertura: jueves, 15 de octubre de 2026, 00:00
      Cierre: sábado, 24 de octubre de 2026, 00:00

      Debedes adxuntar: a portada, a xustificación do proxecto, a introdución, os obxectivos, os apartados do desenvolvemento falados en clase e a bibliografía empregada ata o de agora.

    • Apertura: martes, 10 de noviembre de 2026, 22:00
      Cierre: domingo, 22 de noviembre de 2026, 22:00

      Debedes adxuntar a primeira parte do desenvolvemento.

      Así como unha revisión dos apartados anteriores (portada, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos) que vos mandarei entre estes días e engadir a bibliografía empregada ata o de agora.

    • Apertura: miércoles, 2 de diciembre de 2026, 22:00
      Cierre: martes, 15 de diciembre de 2026, 22:00

      Debedes adxuntar todo o desenvolvemento feito.

      Así como unha revisión dos apartados anteriores (portada, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos) e engadir a bibliografía empregada.

    • Apertura: sábado, 19 de diciembre de 2026, 22:00
      Cierre: miércoles, 30 de diciembre de 2026, 14:00

      Debedes adxuntar todo o traballo xa. Ten que incluir todos os apartados feitos para a última revisión:

      Portada, abstract, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos, desenvolvemento, conclusións, anexos e bibliografía ou referencias bibliográficas.

      O índice podedes esperar ó final para facelo se o facedes cos estilos para que o faga so, por se cambiades as páxinas logo da corrección.

      Adxuntade a presentación tamén.

    • Apertura: sábado, 2 de enero de 2027, 22:00
      Cierre: viernes, 8 de enero de 2027, 13:30

      Debedes adxuntar todo o traballo xa. Ten que incluir todos os apartados feitos:

      Portada, índice, abstract, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos, desenvolvemento, conclusións, anexos e bibliografía ou referencias bibliográficas.

      Adxuntade aquí a presentación final correxida.

      Indicacións para a presentación:

      • Máis que facer un índice como no traballo escrito, poñede mellor os puntos ou apartados que ides tratar, a modo introdutorio. Se vedes que son moitos e vai quedar con moita letra a diapositiva, dividídeos en 2 diapositivas. Non fai falla que poñades os subapartados, eses podedes introducilos cando faledes de cada punto.
      • Os obxectivos deben aparecer escritos tal cual no traballo escrito. Se hai moita letra, podedes dividir en 2 dispositivas: xerais e específicos por exemplo.
      • As conclusións poñédeas resumidas, pero teñen que estar escritas tocando todos os puntos. E por favor, poñédeas redactando en frases, non de forma esquemática.
      • Non poñades a bibliografía aquí, xa a miramos no traballo escrito.
      • En canto ós anexos, poñédeos soamente se son relevantes, senón xa os leeremos no traballo escrito.
      • Tratade de ensaiar a vosa parte e, se podedes, é mellor todos xuntos. Podedes levar un breve guión de apoio por se vos perdedes, pero NON LEADES, queda mellor mirar ó tribunal.
      • Vixiade a linguaxe por favor, que sexa formal e non coloquial.