• Abertas: luns, 19 de maio de 2025, 4:00 PM
      Pendente: domingo, 25 de maio de 2025, 9:00 PM
      Accede á Web oficial da Unión Europea, e tras revisar o contido referido aos dereitos e deberes dixitais, elabora un tríptico en Canva cos contidos máis destacables. A continuación deixo o enlace á páxina:
      https://commission.europa.eu/strategy-and-policy/priorities-2019-2024/europe-fit-digital-age/europes-digital-decade-digital-targets-2030_es


    • Antes de manexar Canva tendes que rexistrarvos na plataforma. É moi sinxelo, pero calquera dúbida só tendes que preguntar. Ánimo!!

    • Aquí tendes as normas máis destacadas da netiqueta, botade unha ollada.

    • Neste enlace tendes máis información sobre a netiqueta.

    • Pode que este vídeo sexa algo infantil para vós pero axudará moito a entender a netiqueta, e toda axuda é boa.

    • Non esquezades que ao final dos vídeos debedes citar todas as fontes empregadas para a súa elaboración, co fin de respectar os dereitos de autor e o traballo intelectual dos/as creadores/as. Tende ademais en conta que a forma de citar será distinta segundo se trate de obras editadas en papel ou en soporte dixital (libros, artigos, capítulos concretos, ...)
      Para facer esta tarefa de forma adecuada disporemos da Guía para citar e referenciar estilo APA que se localiza na Biblioteca da USC), e en concreto o apartado correspondente a referencias e bibliografía.

    • Por se é de voso interese aquí tendes o enlace ás normas APA.

    • Para facilitar a súa localización, eiquí deixo o enlace a un xerador de citas APA gartuíto. Na rede podedes atopar varios, e este é un deles. Anímovos a que o probedes a ver se vos apañades con el, xa que facilitará moito a elaboración das referencias bibliográficas.

    • Abertas: martes, 20 de maio de 2025, 4:00 PM
      Pendente: sábado, 24 de maio de 2025, 9:00 PM

      Nesta tarefa, por grupos, teredes que crear un póster coa axuda da aplicación Canva, que xa coñecedes moi ben. Non vos alporicedes, o contido xa o tendes mirado. De forma visual e creativa tendes que representar as normas básicas de rexistro de referencias e bibliografía segundo as normas APA. Imos aló!!

    • Abertas: venres, 23 de maio de 2025, 4:00 PM
      Pendente: xoves, 29 de maio de 2025, 8:00 PM
      Nesta tarefa tendes que facer unha busca nas redes para localizar información que vos permita elaborar unha Infografía (representación visual de datos e información, diseñada para facela máis comprensibles e atractiva ao usuario) con estratexias para un uso responsable das redes sociais. Mans á obra!

    • Botade unha ollada a este docuemento que será inetresante para traballar os hábitos ergonómicos e rutinas de descanso ocular ao usar dispositivos e pantallas.

    • Accede a esta ligazón para obter máis información sobre a ergonomía visual, serache de interese.

    • Maís información inetresante sobre a ergonomía visual.