Lingua e literatura galega 1º ESO B
Section outline
-
-
Neste documento encontraredes información sobre a entrevista interxeracional que debedes facer. A data límite para presentarmo será o día 2 de abril.
O alumnado que desexe presentarse ao Concurso deberá traer cuberta e asinada a Declaración xurada que aparece na última folla.
-
Neste cartafol atoparedes teoría e actividades prácticas para traballar a acentuación, a ortografía (b / v, h, s / x...) ou a colocación de pronomes. Se tedes algúnha dúbida, preguntádeme, por favor.
Recórdovos, tamén, que no libro de texto tras cada unidade didáctica dispoñedes de actividades de reforzo que podedes ir facendo e eu corrixindo para que detectedes cales son as vosas habilidades e dificultades.
-
Desta selección de lecturas debedes escoller unha como obrigatoria. Todas elas foron brevemente comentadas na aula para que cadaquén escolla a que desexe.
-
Realizouse a lectura dos 2 poemas iniciais e aproveitouse para comentar aspectos teóricos sobre o xénero da poesía (forma, contido, recursos...), para consolidar este contido solicitáronse as actividades 1, 2, 4, 6 e 7 da páxina 149.
Tamén se impartiron os contidos que teñen que ver coas preposicións e os adverbios. Deixo a continuación as actividades que o alumnado debe facer na miña ausencia (7 ao 11 de abril) por mor dunha excursión co alumnado de 1º de bacharelato.
páxina 140-144: lectura
páxina 145: 1, 3, 4, 6, 8, 12
páxina 161: 1, 2 e 3 (revisar a teoría da páxina 160)
páxina 162:1, 2, 4, 7 e 9
páxina 167 – 168: lectura
páxina 169: 1, 3 e 4
Todas estas actividades foron corrixidas durante a semana do 22 ao 25 de abril.NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.