Lingua e literatura galega 1º ESO B
Section outline
-
-
Neste documento encontraredes información sobre a entrevista interxeracional que debedes facer. A data límite para presentarmo será o día 2 de abril.
O alumnado que desexe presentarse ao Concurso deberá traer cuberta e asinada a Declaración xurada que aparece na última folla.
-
Neste cartafol atoparedes teoría e actividades prácticas para traballar a acentuación, a ortografía (b / v, h, s / x...) ou a colocación de pronomes. Se tedes algúnha dúbida, preguntádeme, por favor.
Recórdovos, tamén, que no libro de texto tras cada unidade didáctica dispoñedes de actividades de reforzo que podedes ir facendo e eu corrixindo para que detectedes cales son as vosas habilidades e dificultades.
-
Desta selección de lecturas debedes escoller unha como obrigatoria. Todas elas foron brevemente comentadas na aula para que cadaquén escolla a que desexe.
-
Comezamos a Unidade 5 coa lectura inicial, deben realizarse as actividades 1, 2 e 4 da páxina 104.
No apartado da expresión escrita estivemos a ver como identificar a idea principal dun texto e realizamos as actividades 1, 2 e 4 da páxina 106. Tamén vimos a descrición e realizamos a lectura de varios textos descritivos que acompañamos con preguntas en torno a eles (actividades 1 e 2).
Na parte de vocabulario, tiveron que facer as actividades 1 e 2 da páxina 110.
No bloque de sociolingüística, estivemos a traballar co plurilingüismo do Estado español. Realizáronse varias actividades para lograr consolidar os contidos aprendidos (linguas da Península ibérica, territorios do Estado español bilingües, monolingües e trilingües)
A parte correspondente ao verbo foi vista con atención, pois a maioría do alumnado non se lembraba de cursos anteriores. Realizáronse as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 115.
Por último, solicitáronse as actividade 2, 3 e 4 da páxina 117 porque a maioría do alumnado comete bastantes erros ortográficos e intentarase con isto ir axudando a subsanar esta dificultade.
NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.
O DÍA 12 DE FEBREIRO TIVO LUGAR O PRIMEIRO PARCIAL DO 2º TRIMESTRE.