• Nesta unidade comezamos pola lectura inicial e fíxose unha reflexión conxunta sobre a igualdade / desigualdade da sociedade, centrándonos no deporte. Realizáronse e corrixíronse as actividades da páxina 84 (1, 3, 4 e 5).

    Na expresión escrita veuse o título e realizáronse as actividades 1 e 2 de páxina 86. A continuación, revisamos a anáfora e realizamos as actividades 1 e 3 da páxina 87.

    A continuación, traballouse cos textos xornalísticos e realizáronse as actividades 1, 2 e 3 da páxina 89.

    Canto ao léxico, dedicámonos a ver o corpo humano e realizamos as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 91.

    No apartado de gramática, vimos o pronome persoal e a súa colocación. Fixemos as actividades 2 e 4 (páxina 93).

    A acentuación diacrítica foi revisada e realizáronse as actividades 1 e 3  da páxina 95.


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.