• Iniciouse a actividade 3 coa lectura inicial, realizáronse as actividades de comprensión lectora que ofrece o libro na páxina 60: 1, 2, 4 e 5.

    Canto á expresión escrita, revisamos cuestións relacionadas co tema, co título e coa idea principal e realizamos a actividade 1 da páxina 62.


    Continuamos coas propiedades textuais (a cohesión) que iniciamos na Unidade 1 e realizamos a actividade 1 da páxina 63.

    Canto á tipoloxía textual, veuse o texto narrativo e a voz narradora e realizáronse as actividades 1 e 3 da páxina 65.

    No léxico traballamos o relacionado cos oficios e realizamos as actividades 1, 2, 3 e 4 da  páxina 67.

    No apartado de sociolingüística, vimos o plurilingüismo en Europa e realizamos a actividade 3 da páxina 69.

    Xa para finalizar, revisamos os determinantes e realizáronse as actividades 1, 2, 4 e 5 da páxina 71.


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.