• Comezamos a Unidade 1 coa lectura inicial, páxinas 9 á 11 e realizamos as actividades 1, 2, 3, 5 e 6. Oralmente realizáronse outras actividades, como a 1 e a 6 da páxina 14.

    Traballouse a adecuación (propiedade textual) e realizáronse as actividades 2 e 3 (agás o apartado e). A continuación,l revisáronse os textos literarios e non literarios. Nos literarios centrámonos nos xéneros e as diferenzas existentes entre eles. Para consolidar estes contidos realizouse a actividade 3 e para a casa levouse a tarefa de buscar textos literarios en lingua galega do xénero narrativo, lírico e dramático (cada alumna / o ten que buscar un só texto dun xénero previamente asignado pola docente).

    Canto á sección de vocabulario, solicítase a actividade 2 da páxina 18 e a 4 da páxina 19.

    No apartado da diversidade lingüística centrámonos na orixe da nosa lingua e na lusofonía. Realizamos oralmente a actividade 2 da páxina 21.

    Revisáronse os elementos da comunicación e os enunciados. Realizáronse as actividades 1 e 2 da páxina 24 e a 5 e 6 da páx. 25.

    Para rematar con esta Unidade 1 revisáronse os dígrafos e o xénero das letras.


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE 1 ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.

    OS VENRES SON DEDICADOS Á CONFECCIÓN DA EXPOSICIÓN QUE DEBEN PRESENTAR PROXIMAMENTE. Esta tarefa computará para a nota de Oralidade.