• Comezouse a Unidade coas actividades de comprensión lectora, tiveron que facerse as actividades da páx. 145: 1, 2, 5 e 9; a continuación víronse os buscadores de información e como tirarlles partido a estes a través do uso de comandos. Páx. 148.

    Realizáronse as actividades de expresión escrita da páx. 147: 3, 4 e 5.

    Canto ao vocabulario, traballamos con aquel relacionado co teatro e o cine e realizáronse as actividades da páx. 150: 1 e 2.

    No bloque de Sociolingüística estivemos a traballar "O galego no ámbito educativo" e realizamos varios puntos da actividade 1 da páxina 153.

    Polo que respecta á sintaxe, revisáronse conceptos básicos deste contido e realizáronse as actividades 3 e 4 da páxina 155.

    Por último, revisáronse aspectos dos signos de puntuación e realizáronse as actividades páx. 157: 2, 3 e 4

    A modo de revisión, tivéronse que entregar as actividades da páx. 158: 6, 7 e 8


    TODAS ESTAS ACTIVIDADES FORON CORRIXIDAS DURANTE A SEMANA DO 22 AO 25 DE ABRIL.



    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.