• Comezamos a unidade facendo a lectura inicial e fómola acompañando de actividades de comprensión lectora (1, 2 e 4 da páxina 101).

    Realizamos nestas últimas semanas de maneira individual un texto poético sobre a vida, para iso, vimos textos de varios poetas e músicos sobre a mesma temática.

    Continuando coa expresión escrita, estivemos a revisar os conectores textuais, para asentar os contidos, realizamos a actividade 3 da páxina 103.

    Tamén tivemos ocasión de ver o formato estandarizado das solicitudes e realizamos a actividade 3 da páxina 105.

    Canto ao léxico, nesta unidade dedícase ao noso contorno e realizamos as actividades 1, 2 e 3 das páxinas 106 e 107.

    No bloque de sociolingüística, estívose a traballar cos SNL, a toponimia e a antroponimia e solicitáronse as actividades 5 e 6 da páxina 109.

    Canto á ortografía, realizáronse as actividades 1, 2 e 4 da páxina 113.


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE 1 ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.