• Unha das sesións foi dedicada á corrección do 1º parcial e a ver os erros frecuentes do alumnado, de todo isto deben tomar nota para evitar cometelos novamente.

    Comezamos a Unidade 3 coa lectura inicial, deben realizarse as actividades 1, 3, 4 e 8 da páxina 55. A continuación revisouse o formato da carta e dos correos electrónicos.

    No apartado de léxico, traballouse co pacifismo e realizáronse as actividades 1, 2, 3 e 5 da páxina 60 e 6, 7,8 e 9 da páxina 61.

    Continuamos vendo a normalización e realizamos oralmente a actividade 1 da páxina 63 e por escrito a 3 da mesma páxina.

    Revisáronse cuestións relacionadas co xénero e o número do substantivo e realizáronse as actividades 2, 3 e 4 da páxina 65.

     Actividades para realizar na ausencia do día 3 de decembro:

    Páxina 67: 2, 3, 4, 5

    Páxina 68: 3, 6, 7, 8 e 10


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE 1 ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.


    Na semana do 25 de novembro traballaremos nunha composición fotográfica-literaria centrada no Outono.