• Comezamos a Unidade 1 coa lectura inicial sobre a síndrome posvacacional (páx. 9-10) e realizamos as actividades 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8 e 9.

    Tamén se lle dedicou tempo á expresión oral adaptándose algunha das actividades da páxina 12.

    O próximo contido que traballamos é o esquema, por ese motivo realizaremos a actividade 1; tamén se solicitaron para  o próximo día de clase: a 2, a 3 e a 4 da páx. 13.

    Continuouse vendo a noticia, leváronse á aula xornais e traballamos con eles vendo a distribución da información na noticia e as diferentes seccións que nos podemos atopar nos xornais. Para consolidar os contidos fixéronse as actividades 1, 4 (oralmente) e 5.

    Na sección de vocabulario solicitáronse as actividades 1 e 4 da páxina 16 e oralmente realizouse o 7.

    No apartado da lusofonía centrámonos na comunidade lusófona e na pertenza de Galiza á comunidade. Realizáronse as actividades 2 e 3 da páxina 18 e a 4 e a 5 da 19.

    En morfoloxía revisamos os morfemas e realizáronse as actividades 1, 3 e 4 da páxina 21.


    NAS PÁXINAS FINAIS DA UNIDADE 1 ENCÓNTRANSE ACTIVIDADES DE REFORZO, ESTAS PODEN SER FEITAS E ENTREGADAS Á DOCENTE PARA QUE AS CORRIXA.


    OS VENRES ESTAMOS A TRABALLAR EN AMBOS GRUPOS EN DEBATES: 

    -Son necesarias 32 horas de clase semanais? 2º ESO A

    -É lóxico que os xogadores de fútbol cobren tanto diñeiro? 2º ESO B