PROXECTO
Section outline
-
-
Abren: venres, 25 de setembro de 2026, 12:00 AMPendente: xoves, 8 de outubro de 2026, 12:00 AM
-
Abren: xoves, 15 de outubro de 2026, 12:00 AMPendente: sábado, 24 de outubro de 2026, 12:00 AM
Debedes adxuntar: a portada, a xustificación do proxecto, a introdución, os obxectivos, os apartados do desenvolvemento falados en clase e a bibliografía empregada ata o de agora.
-
Abren: martes, 10 de novembro de 2026, 10:00 PMPendente: domingo, 22 de novembro de 2026, 10:00 PM
Debedes adxuntar a primeira parte do desenvolvemento.
Así como unha revisión dos apartados anteriores (portada, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos) que vos mandarei entre estes días e engadir a bibliografía empregada ata o de agora.
-
Abren: mércores, 2 de decembro de 2026, 10:00 PMPendente: martes, 15 de decembro de 2026, 10:00 PM
Debedes adxuntar todo o desenvolvemento feito.
Así como unha revisión dos apartados anteriores (portada, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos) e engadir a bibliografía empregada.
-
Abren: sábado, 19 de decembro de 2026, 10:00 PMPendente: mércores, 30 de decembro de 2026, 2:00 PM
Debedes adxuntar todo o traballo xa. Ten que incluir todos os apartados feitos para a última revisión:
Portada, abstract, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos, desenvolvemento, conclusións, anexos e bibliografía ou referencias bibliográficas.
O índice podedes esperar ó final para facelo se o facedes cos estilos para que o faga so, por se cambiades as páxinas logo da corrección.
Adxuntade a presentación tamén.
-
Abren: sábado, 2 de xaneiro de 2027, 10:00 PMPendente: venres, 8 de xaneiro de 2027, 1:30 PM
Debedes adxuntar todo o traballo xa. Ten que incluir todos os apartados feitos:
Portada, índice, abstract, xustificación do proxecto, introdución, obxectivos, desenvolvemento, conclusións, anexos e bibliografía ou referencias bibliográficas.
Adxuntade aquí a presentación final correxida.
Indicacións para a presentación:
- Máis que facer un índice como no traballo escrito, poñede mellor os puntos ou apartados que ides tratar, a modo introdutorio. Se vedes que son moitos e vai quedar con moita letra a diapositiva, dividídeos en 2 diapositivas. Non fai falla que poñades os subapartados, eses podedes introducilos cando faledes de cada punto.
- Os obxectivos deben aparecer escritos tal cual no traballo escrito. Se hai moita letra, podedes dividir en 2 dispositivas: xerais e específicos por exemplo.
- As conclusións poñédeas resumidas, pero teñen que estar escritas tocando todos os puntos. E por favor, poñédeas redactando en frases, non de forma esquemática.
- Non poñades a bibliografía aquí, xa a miramos no traballo escrito.
- En canto ós anexos, poñédeos soamente se son relevantes, senón xa os leeremos no traballo escrito.
- Tratade de ensaiar a vosa parte e, se podedes, é mellor todos xuntos. Podedes levar un breve guión de apoio por se vos perdedes, pero NON LEADES, queda mellor mirar ó tribunal.
- Vixiade a linguaxe por favor, que sexa formal e non coloquial.