Xeral
Section outline
-
-
A información que atoparedes neste documento serve de axuda para facer o traballo do libro de lectura.
-
Abertas: martes, 24 de marzo de 2026, 12:00 AMPendente: domingo, 31 de maio de 2026, 11:59 PM
Achego o listado de libros para que escollades un e o leades nesta avaliación. Así mesmo, inclúo as instrucións para realizar a tarefa/audio, o mesmo ca na anterior avaliación.
Tedes até o domingo 31 de maio ás 23:59 h. para enviala, xa sexa pola aula virtual ou a calquera destes correos: isabel.nunez.freire@edu.xunta.gal, isabelprofegalego@gmail.com.
Non se aceptará ningún traballo entregado fóra de data.
Aquelas persoas que traballan e atenden en clase poden enviar até dous audios coa análise de dous libros de forma opcional (cada audio puntuaríase con ata 0,5 ptos.). Non se aceptan traballos de persoas que molesten e/ou non traballen en clase.
Tedes até o 24 de maio para entregar o/s audios/s voluntario/s a través de calquera dos dous correos electrónicos antes mencionados.
-
Abertas: martes, 5 de maio de 2026, 12:00 AMPendente: mércores, 13 de maio de 2026, 12:00 PM
Déixovos as bases para presentarvos ao concurso de redacción sobre O Comercio Local.
Os traballos deben ser en lingua galega e ter unha extensión mínima de 200 palabras.
A data límite de entrega das redaccións é o 13 de maio.
NON É OBRIGATORIO, É OPTATIVO. Con el podedes subir até 0,5 da nota final.
-
Abertas: martes, 5 de maio de 2026, 12:00 AMPendente: mércores, 27 de maio de 2026, 12:00 AM
Tedes até o 27 de maio para enviarme a presentación (xa sexa por grupo ou individual) de literatura ou sociolingüística desta avaliación no fomato que prefirades. Pode ser pola aula virtual ou en calquera dos seguintes correos electrónicos:
isabel.nunez.freire@edu.xunta.gal
isabelprofegalego@gmail.com
Podedes consultar o/a autor/a e os puntos a tratar nos arquivos (PDF) que se achegan.
A orde das presentacións en clase non segue á do documento PDF (sería voluntaria ou, por defecto, aleatoria) e cada día irían tantos/as alumnos/as como sexa posible.
Todo o alumnado debe engadir unha bibliografía e/ou webgrafía ao final, é dicir, todos aqueles lugares onde buscastes a información para o traballo.