Section outline

    • Neste cartafol ides atopar información sobre as técnicas innovadoras en barbería.

    • Abertas: mércores, 3 de decembro de 2025, 12:00 AM
      Pendente: martes, 20 de xaneiro de 2026, 11:00 PM

      Realiza unha exposición en power point ou Canva, onde tes que facer unha investigación sobre técnicas innovadoras de barbería, concretamente barbas e bigotes. Debes realizar:

      ·       Un estudio de investigación sobre a barbería actual, deberá constar de:

      1.       Debuxo (plano) dunha barbería.

      2.       Localización da barbería.

      3.       Esta barbería deberá contar con 4 tocadores e todo o necesario para esos 4 tocadores (lavacabezas, esterilizadores, material, utillaxe, ferramentas, lancería, maquinaria, número de empleados, servicios que ofreces, listaxe de prezos, etc.

      ·       Esta exposición deberá conter 15 tipos de barbas cos nombres, características, cor, cambio de forma e tipo de óvalo que corrixe.

      ·       15 tipos de bigotes cos nombres, formas, cores e características.

      ·       10 personaxes masculinos famosos con barba ou bigote característico tipo: (Camilo).

      ·       Tipos de tintes que se poden utilizar en barba e bigote e peróxido adecuado.

      ·       Tipos de cambios de forma permanente e temporal para barba e bigote.

      ·       Lista de prezos.

      Este traballo debe contar con 25 páxinas, portada, letra arial 12, entreliñado 1.5.

      Tamén se puntúa a presentación, estrutura, innovación e creatividade do alumno/a. Preséntase  en físico a profesora e en forma dixital na aula virtual. Esta exposición terás que defendela na aula-taller, para a cual terás 20 minutos. De non ser presentado en fecha e forma non será avaliado, o cal levará un 1 na avaliación.