A Asociación Feiral Semana Verde de Galicia organiza un Concurso de entrevista interxeracional que pretende motivar os máis pequenos/as e maiores da casa para que coñezan mellor o medio rural e as súas orixes; así como incentivar as relacións entre diferentes xeracións. O traballo deberá ser unha entrevista interxeracional (dun neto/a realizada a un avó/avoa ou idade similar) en estilo directo, escrita en galego, cun mínimo de 4000 caracteres con espazo e un máximo de 5000, e que teña como tema AS FEIRAS TRADICIONAIS GALEGAS. O prazo máximo de entrega é o 16 de abril.