Section outline

  • Cor natural do cabelo: características e escala de tons e reflexos.
    Teoría da cor e a súa influencia nos procesos de cambios de cor. Propiedades da cor: ton, intensidade e reflexo. Escalas de tons, reflexos e matices. Cartas de cores.

    • Identificación dos aspectos que condicionan o proceso de cambio de cor. Estudo estético. Estudo das características do coiro cabeludo e do estado do cabelo. Características especiais doutras zonas pilosas: barba, bigote e cellas. Influencia das alteracións cromáticas do cabelo nos procesos de cambios de cor.
    • Clasificación dos procesos de cambios de cor capilar: segundo a duración dos efectos, a composición dos cosméticos e a acción sobre o talo capilar.
    • Estilos nos cambios de cor: tendencias.
    • Ficha técnica da clientela.
    • Proposta de cambios de cor: Análise das necesidades e das demandas da clientela. Adaptación ás necesidades e demandas, e ás características persoais.
    • Procesos de coloración permanente total: procedemento, fases e pautas de aplicación. Factores que interveñen na aplicación. Técnicas complementarias.
    • Variables que determinan o proceso de coloración.