
Neste curso aprenderás a realizar diferentes técnicas de corte de cabelo, combinando coñecementos teóricos e prácticos para desenvolver as habilidades necesarias no ámbito profesional da perruquería.
Traballaremos a análise do cabelo e do rostro, o deseño de cortes, o manexo correcto das ferramentas (tesoiras, navalla e máquina) e a aplicación de técnicas de corte adaptadas ás características e necesidades de cada cliente.
A través de actividades, demostracións e prácticas no taller, desenvolverás a precisión, a creatividade e a autonomía profesional, aplicando sempre as normas de seguridade, hixiene e ergonomía.
O obxectivo final é que sexas capaz de deseñar, executar e avaliar un corte de cabelo de maneira autónoma, segura e profesional.
- Profesor/a: María de los Ángeles Mosquera Neira