O módulo de Proxecto de Estilismo e Dirección de Peiteado ten como finalidade integrar e aplicar de forma global as competencias adquiridas ao longo do ciclo.

Trabállanse procesos reais de produción: análise de necesidades, elaboración de propostas estéticas, coordinación de equipos, selección de materiais, planificación temporal e avaliación dos resultados. O módulo favorece a autonomía, a toma de decisións fundamentadas e a capacidade de presentar e defender un proxecto profesional ante diferentes públicos.