Neste espazo virtual imos traballar todo o relacionado cos procesos técnicos que permiten modificar a forma natural do cabelo de maneira duradeira, combinando coñecementos teóricos coa práctica no salón.

Aquí atoparedes materiais de apoio, recursos audiovisuais, actividades e probas que vos axudarán a reforzar o aprendido nas clases presenciais. O obxectivo é que adquirades as competencias necesarias para realizar cambios de forma con seguridade, creatividade e respecto pola saúde capilar e pola imaxe da clientela.

Animádevos a participar activamente, preguntar cando teñades dúbidas e aproveitar este espazo como unha ferramenta máis para a vosa aprendizaxe.