Tratarase de abordar coñecementos teóricos e prácticos para a dispensación de produtos parafarmacéuticos.

A clasificación dos produtos de parafarmacia nos grandes grupos: dermofamacia , nutrición e dietética, biocidas, produtos sanitarios e produtos ortoprotésicos.

Estudaranse os conceptos máis importantes de cada sección asi como os produtos mais usados na actualidade.

Aprenderemos a utilización as fontes de documentación para utilizar en farmacia.

Traballarase en programa FARMATIC de xestión de farmacia.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que, baixo a supervisión do persoal facultativo, se poida desempeñar a función de prestación do servizo na promoción da saúde. A prestación deste servizo abrangue aspectos como:
- Fomentar a promoción da saúde entre as persoas usuarias.
- Aplicar a educación para a saúde con diferentes obxectivos.
- Obter valores somatométricos mediante as operacións técnicas correspondentes.
- Colaborar na interpretación de controis analíticos básicos.
- Recoñecer disfuncións do comportamento e colaborar no apoio psicolóxico.
As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:
- Oficinas de farmacia.
- Establecementos de parafarmacia.

Código: MP0105. Duración: 157 horas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que, baixo a supervisión de persoal facultativo, se poida desempeñar a función de prestación do servizo na promoción da saúde. A prestación deste servizo abrangue aspectos como: Fomentar a promoción da saúde entre as persoas usuarias; Aplicar a educación para a saúde con diferentes obxectivos; Obter valores somatométricos mediante as operacións técnicas correspondentes; Colaborar na interpretación de controis analíticos básicos; Recoñecer disfuncións do comportamento e colaborar no apoio psicolóxico.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en: Oficinas de farmacia, Establecementos de parafarmacia, Establecementos de ortopedia e ortoprótese.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais j), k), l), m), n), o), r), s) e t) do ciclo formativo, e as competencias f), g), h), i), j), n) o), p) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre: Realización de plans, programas e proxectos de promoción da saúde empregando TIC; Confección de programacións de educación para a saúde co procesador de textos; Determinación do peso e do talle; Colaboración na interpretación de controis analíticos elementais; Rexistro informatizado de datos; Simulación de aplicación de técnicas de apoio psicolóxico segundo as disfuncións.

Bibliografia recomendada: 

Promoción de la Salud

EDITORIAL: McGrawHill

ISBN: 978-84-486-4725-4 © 2025