Benvida/o o módulo de Cambio de cor do cabelo!

Neste módulo imos descubrir o mundo da cor aplicada á perruquería dunha maneira moi práctica, visual e próxima ao traballo real no salón.

Aprenderemos a recoñecer materiais, utensilios e produtos, preparar e organizar o posto de traballo, comprender como actúa a cor no cabelo e realizar diferentes técnicas de coloración, decoloración e cambios de cor total ou parcial, traballando sempre con orde, hixiene e seguridade.

Traballaremos paso a paso con fichas moi visuais, infografías, mapas, actividades manipulativas e prácticas en cabeza de manequín e modelo, para que cada persoa poida avanzar ao seu ritmo e ir gañando autonomía e confianza.

Aquí non só imos aprender cor: imos practicar, experimentar, crear e desenvolver habilidades para o voso futuro profesional.

Preparadas/os? Comezamos a poñerlle cor ao curso!

Curso para o ámbito científico matemático de 2º curso de FP Básica de Estética.