• O servizo de coordinación e funcionamento da Casa Xohana Torres e o servizo de asesoramento LGBTIQ+ do Concello de Santiago de Compostela, convidámosvos a participar na Enquisa de percepcións do alumnado sobre relacións, diversidade e violencias machistas.

      O obxectivo da investigación é coñecer como percibe o alumnado determinados comportamentos nas relacións afectivo-sexuais, a aceptación da diversidade e a súa posición fronte ás violencias machistas. A información recollida resultará clave para deseñar propostas de mellora, impulsar accións de sensibilización e reforzar a prevención e abordaxe das violencias no ámbito educativo.

      A enquisa é anónima, voluntaria e respectuosa coa privacidade das persoas participantes. Pode cubrirse en liña en arredor de 15 minutos. 

      Grazas por participar!

    • Videoconderencias:
      EduXunta Webex Webex Alumnado Webex Profesorado Consellos para videoconferencias eficaces
      Ferramenta de videoconderencias FALEMOS EDU Información sobre FALEMOS EDU