Entregar unha tarefa
Neste titorial explicaremos como realizar a entrega dun ficheiro nunha tarefa.
Cando entramos na tarefa podemos ver o seu título e a descricción da mesma. Ademais observamos información sobre o estado da tarefa entre o que se inclúe a data límite de finalización da tarefa e canto tempo nos queda para realizala. Para enviarlle un ficheiro ao profesor/a prememos en "Engadir entrega".

Na pantalla de realizar a entrega repítesenos o nome da tarefa e a súa descrición. Para realizar a entrega hai varias posibilidades dependendo de como configure a entrega o profesor/a. Podemos entregar ficheiros ou escribir texto directamente na entrega.
No bloque de entregar ficheiros vemos como nos aparece o límite máximo de número de ficheiros e de tamaño dos mesmos. Se queremos engadir un novo ficheiro temos que premer na flecha cara abaixo situada no medio do cadro ou no icono con forma de documento.
Se queremos entregar un texto directamente escrito na tarefa simplemente temos que escribir a nosa entrega no cadro correspondente.

Ó marcar a opción de engadir un ficheiro ábresenos o selector de ficheiro. Para entregar un novo ficheiro debemos premer en "Navegar...", seleccionar o ficheiro dentro do noso equipo e a continuación premer en "Enviar este ficheiro".

Despois de engadir un ficheiro ou ficheiros, estos aparecerán listados no cadro de entrega de ficheiros.

Para rematar prememos en "Gardar os cambios". Ao gardar os cambios, veremos como o estado da entrega se modificou e nos indica que foi "Entregado para cualificacións". Cando o profesor ou profesora califique a nosa tarefa, aquí tamén aparecerá a nota.
