Neste breve titorial explicaremos como responder a  un correo electrónico. Imos poñer de exemplo GMail por ser o máis común. Nos outros proveedores a web terá unha estrutura semellante.

 Entramos en GMail premendo aquí e introducindo o nome de usuario e contrasinal da conta que xa temos creada.

Buscamos o correo que queremos contestar dentro da lista de correos e prememos encima del. Apareceranos unha pantalla similar a seguinte:


Prememos no botón Responder e ábrese un novo diálogo por debaixo deste correo similar ao seguinte:

Escribimos a resposta ao correo. De novo, cómpre lembrar a estrutura dun correo electrónico e intentar sempre que sexa posible unha resposta elaborada co seu saúdo e despedida.

Se queremos anexar algún ficheiro prememos no botón con forma de clip e seleccionamos os ficheiros que queremos anexar.

Finalmente, prememos no botón de "Enviar".

Última modificación: xoves, 10 de setembro de 2020, 7:13 PM