O CICLO DO OSíXENO

Ademais de ser un elemento esencial dos seres vivos, o osíxeno atópase libre na atmosfera e, en menor proporción, disolto na auga.

Os organismos toman osíxeno (da atmosfera os terrestres ou disolto na auga os acuáticos) e utilízano nun proceso denominado respiración celular, que proporciona a enerxía necesaria para as funcións vitais. Só algúns microorganismos poden vivir sen osíxeno.

osíxeno tamén se atopa combinado co carbono formando o dióxido de carbono. Os seres vivos desprenden dióxido de carbono como substancia de refugallo producida pola respiración celular.

Polo tanto, o dióxido de carbono pasa dos seres vivos ao medio mediante a respiración, e viceversa grazas á fotosíntese, describindo un ciclo.




Última modificación: xoves, 8 de outubro de 2020, 10:46 PM