Iniciar sesión na aula virtual
Neste titorial aprenderemos a iniciar sesión coas nosas credenciais na aula virtual para así poder acceder ós contidos das materias.
Prememos no botón acceder da parte superior dereita da pantalla.

Vemos unha pantalla onde debemos introducir o noso nome de usuario e contrasinal.

O noso nome de usuario é o nome de pila e apelidos (en minúsculas, sen til, e
cambiando "ñ" por "n" se é o caso) separados por puntos. No caso de ter un nome composto aparecerán os dúas palabras que forman o nome xuntas sen ningunha separación. Por exemplo, se te chamas José Manuel García Núñez o teu nome de usuario sería josemanuel.garcia.
En canto ó noso contrasinal, se nunca accedemos a aula virtual este contrasinal será changeme. Aqueles que xa estaban rexistrados o curso pasado conservan o contrasinal que escolleron no seu momento.
Para rematar pulsamos a tecla enter ou prememos en "Acceder".