TAREFA 2. Usar o "FORO DE PRESENTACIÓN" para darse a coñecer neste curso de formación
(*) Antes de participar neste foro deberemos ter modificado o noso perfil seguindo as instruccións que figuran mais abaixo neste curso.
PASOS A SEGUIR PARA PARTICIPAR NO FORO:
1. Abrir o foro de presentación clickando nel
2. Premer na pestaña [Engadir un novo tema de debate].
3. Para presentarnos escribimos na caixa do editor de texto:
- Nome e materia que se imparte.
- Coñecementos previos que se tiñan no manexo da Aula Virtual e outras tecnoloxías aplicadas ao ensino.
- Qué obxectivos nos marcamos e cales son as nosas expectativas á hora de realizar este curso.
4. Premer no botón [Comentar no foro]
(*) Hai que ter en conta que unha vez creado o tema de debate non será publicado nin chegará ao resto de usuarios do curso ata pasado un tempo (normalmente 30 minutos, tempo que se configura dende a administración do sistema).
Durante ese tempo o debate poderá ser editado e incluso borrado polo seu autor.
INSTRUCCIÓNS PARA CREAR O ARQUIVO DA TAREFA E ENVIALO:
Seguindo os titoriais de "Como facer unha captura de pantalla" e de "Como crear un pdf", procedemos a:
- Realizar unha captura de pantalla onde se poda ver claramente as tarefas solicitadas
- Crear un arquivo PDF coa imaxe (ou imaxes).
- Gardar o arquivo na nosa computadora co nome da tarefa específica e o nome e apelido do alumno (EXEMPLO: TAREFAForopresentacion_nomeapelidos.pdf)
- Subir o arquivo á plataforma Moodle
IMPORTANTE:
O concepto de "NETIQUETA"
A Netiqueta [1] (contracción do inglés network e do francés étiquette, etiqueta da rede) non é máis que una adaptación das regras de etiqueta do mundo real ás tecnoloxías e ao ambiente virtual. Da mesma maneira que existe un protocolo para os encontros físicos con persoas, a así chamada Netiqueta describe un protocolo que se debe utilizar ao facer "contacto" electrónico. Comprende todas as formas de interacción directa e indirecta dun usuario con outro nas redes sociais, no correo electrónico, nos foros, nos blogs, nos chat...
Para saber mais fai click no seguinte enlace:
→ NORMAS COMUNMENTE ACEPTADAS NAS COMUNICACIÓNS VIRTUAIS