Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. CURSO-TIC-BASICO
  3. AULA VIRTUAL (PLATAFORMA MOODLE)
  4. TAREFA 1. Modificar o "PERFIL DE USUARIO"

TAREFA 1. Modificar o "PERFIL DE USUARIO"

Requisitos do completado
Ver
Facer unha entrega
Recibir unha cualificación
Abertas: sábado, 2 de maio de 2020, 12:00 AM

Nesta tarefa deberemos modificar o noso perfil de usuario e realizar as seguintes accións:

  • Acceder ao perfil según o indicado nos documentos aportados para este apartado.
  • Completar correctamente os campos "nome" e "apelidos" (se non estiveran xa).
  • Revisar o enderezo de correo electrónico e correxilo no caso de que estivera incorrecto ou quixéramos cambialo por outro.
  • Indicar, se así se desexa, que o enderezo electrónico sexa visible para todos os usuarios.
  • Completar o campo "Descrición" con algunha información persoal como o centro no que traballamos, as materias e os niveis educativos nos que impartimos docencia ou calquera outro dato de interese.
  • Subir unha imaxe ao perfil.
    • Debemos procurar que o tamaño da imaxe non sexa moi grande xa que por mor da capacidade, o sistema podería rexeitalo. O mais axeitado é que sexa cadrada e de tamaño aproximado 100x100 pixels.
    • Para elo deberemos:
      • Pulsar sobre o botón "seleccionar" (ou examinar).
      • Escoller a imaxe que temos nos arquivos desde a súa ubicación no noso ordenador. (*) O sistema axustará a imaxe ao tamaño anteriormente citado de 100x100 pixels.
  • Para rematar o proceso de actualización dos datos do noso perfil, debemos premer en "Actualizar a información"


INSTRUCCIÓNS PARA CREAR O ARQUIVO DA TAREFA E ENVIALO:

Seguindo os titoriais de "Como facer unha captura de pantalla" e de "Como crear un pdf", procedemos a:

  1. Realizar unha captura de pantalla onde se poda ver claramente as tarefas solicitadas
  2. Crear un arquivo PDF coa imaxe (ou imaxes). 
  3. Gardar o arquivo na nosa computadora co nome da tarefa específica e o nome e apelido do alumno (EXEMPLO: TAREFAModificarperfil_nomeapelidos.pdf)
  4. Subir o arquivo á plataforma Moodle


Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle