
Estas Pingas non teñen outra pretensión ca de humedecer os oídos cunha variedade extensa de música popular e tamén de música de culto.
Cada semana haberá unha selección heteroxénea de pingas musicais das que so escoitaredes uns poucos segundos a continuación dos timbres de entrada, saída e cambios de clase.
O fío conductor desta escolla poderá ser moi variado; pero, se prestades atención, axíña vos decataredes de que cada pinga terá terá algo en común coas demais.
Neste sitio poderedes coñecer os intérpretes e os nomes das pezas así coma tamén poderedes beber das pingas acumuladas cada semana ate fartar as orellas!