Utilizaremos este curso para ter accesibles as comunicacións realizadas polo departamento en materia de atención á diversidade. Deste xeito, pensamos que podemos facilitar o acceso garantindo a debida confidencialidade. 

Lembrade, por favor, que os datos e arquivos que se compartan por medio deste servizo de mensaxería son especialmente sensibles, polo que non estará permitida a súa descarga nin edición, só poderedes acceder para consultar os diferentes arquivos.