Reto 1: UNHA VOLTA EN BICICLETA


Este mapa mostra vinte e tres cidades importantes de Pennsylvania conectadas por rutas ciclistas dun deseño máis ou menos artístico.

O problema é simple: comence as súas vacacións de verán e vaia de Filadelfia a Erie, pasando unha vez por cada cidade e sen percorrer dúas veces o mesmo traxecto.

É todo o que hai que facer.

As cidades están numeradas para que os participantes poidan describir a ruta a seguir por medio dunha secuencia numérica.

Nesta viaxe prescindiremos da práctica usual de chegar a destino pola ruta "máis curta posible".

Simplemente chegue alí, sen prestar atención ao ciclómetro.

(Sam Loyd. "Os acertixos de Sam Loyd". Podes atopar este libro na biblio do insti.)

Última modificación: luns, 28 de setembro de 2026, 5:29 PM