Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...

- Comunicación e resolución de avarías sobre o equipamento do proxecto.

- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no nese entorno.

Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:

- O equipo do alumnado.

- O equipo do profesorado.

- Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (encerado dixital interactivo, proxecto, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet).

- Os elementos do entorno virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores: EDEBE, Netex, aulaPlaneta, Pearson).

E que presta o dito servizo a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dunha canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00.

 - De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal.

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56.

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal.



Última modificación: venres, 25 de setembro de 2026, 9:06 PM