Tecemos xuntos e xuntas unha manta da cor do mar.
Begoña Caamaño nas súas obras literarias lles deu unha nova visión a algúns mitos e historias clásicas dende un punto de vista máis moderno e feminista.
Unha das súas obras “Circe e o pracer do azul “ revisa a historia de Penélope.
Deixámosvos aquí unha ligazón por si non coñeciades á Penélope.
A nosa pretensión dende o club de punto do IES A GUIA é darlle outra voltiña máis ao mito e tratar de tecer xuntxs a manta que libere a Penélope.
Na sociedade actual non debería haber “penélopes“ cuxa existencia está vinculada a un ou varios homes. A muller, igual que o home, nace libre e libre debe vivir.
Por todxs aquelxs “penélopes“ que non poden exercer esa liberdade, dende o club SOMOS DE FIAR queremos tecer unha manta cooperativa, que teña un final, que se remate, que libere a todas as persoas das súas particulares ataduras e que, logo de rematada, dea calor e abrigo a quen o necesite.

