Rua terrorífica

Concurso de relatos de terror

Se tes ideas terroríficas para asustar e aterrorizar a todo o IES, este é o teu concurso. Atende ás bases:

1. Temática: O terror

2. Participantes: todo o alumnado do centro, dividido en tres categorías:
    • CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO e FP Básica
    • CATEGORÍA B: e 4º de ESO
    • CATEGORÍA C: Bacharelato e Ciclos
3. Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina a unha soa cara, en letra Arial, tamaño 12, interliñado 1,15 . Poderá estar escrito en calquera das linguas que se estudan no centro (galego, castelán, inglés e francés).

4. Forma de presentación: cada concursante poderá presentar ata un máximo de dous microrrelatos. Todos os relatos se enviarán nun documento anexo ao correo da biblioteca. No correo enviado terán que figurar os seguintes datos:
    • No asunto: "Concurso de relatos de terror"
    • No corpo: nome, apelidos, curso, título do relato e categoría (A,B ou C).

5. Orixinalidade: Non se admitirán copias de Internet, o relato será orixinal e de creación propia do alumno/a.

6. Prazo de presentación: os relatos mandaranse antes do 4 de Novembro de 2023.

7. Xurado: estará formado polos membros do equipo da biblioteca e de dinamización. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías se así o considerase.

8. Premios: entregarase un TERRORÍFICO premio por categoría.

PLAMBE Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega

Última modificación: mércores, 24 de xaneiro de 2024, 8:24 PM