ANTIGO RÉXIME:
-        Maria Antonieta de S.Coppola. Narra a vida da raíña de Francia antes da Revolución Francesa.
-        El Patriota de R. Emmerich. 2000. A vida dunha familia durante a Revolución Americana.

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E O IMPERIALISMO:
-          Oliver Twist de R. Polanski. 2005; narra as aventuras do orfo Oliver Twist na Inglaterra industrial.
-          Germinal de C. Berry. 1993; baseada na novela de Zola do mesmo nome, narra as miserias dun pobo mineiro na Francia do s. XIX.
-          SERIE TV: Norte y Sur de B. Percival. 2004; a historia de amor entre unha muller procedente do bucólico sur de Inglaterra e o dono dunha fábrica de algodón no industrializado norte. (disponible en YouTube).
-          El último samurai de E. Zwich. 2003; conta os cambios sufridos por Xapón durante a súa Revolución Industrial, e o inicio da expansión xaponesa.
-          Memorias de África de S. Pollack. 1985; narra a verdadeira historia da escritora Isak Dininsen, que pasou varios anos en Kenia cando pertencía a Gran Bretaña.

A  I GUERRA MUNDIAL:
-          Senderos de Gloria de S. Kubrick. 1957 ; conta as condicións de vida durante a I Guerra Mundial nas trincheiras: tres soldados elixidos ao chou para escarmentar ás tropas desanimadas, son sentenciados a un consello de guerra, baixo perigo de pena de morte.
-          Feliz Navidad de C. Carion. 2005; baseado en historias reais, narra o parón realizado polas tropas nas trincheiras da I Guerra Mundial na noite do Nadal.
-          Galipolli de P. Weir; baseado na verdadeira batalla do exército de Australia durante a I Guerra Mundial, contada a través da historia de dous amigos.
-          Warhorse de S. Spielberg; a historia dun cabalo ao longo da I Guerra Mundial.
-          1917 de Sam Mendes: seguimos a dous soldados británicos ao longo dun día nunha misión de vital importancia.

ENTREGUERRAS E II GUERRA MUNDIAL:
-          Cinderella Man: el hombre que no se dejó tumbar  de R. Howard. 2005; situada durante a Gran Depresión en EEUU, trátase dunha historia de superación. Como un home desesperado pode converterse en todo un símbolo de esperanza.
-          El gran Gatsby de Buzz Luhrman: adaptación da novela co mesmo nome, na que vemos a vida durante os "Felices Anos 20"
-          Salvar al soldado Ryan de S. Spielberg; a historia dun grupo de soldados, que despois de sobrevivir ao desembarco de Normandía, deben ir en busca, en medio da Europa ocupada polos nazis, dun home para facelo volver a casa san e salvo.
-          El Pianista de R. Polanski.2005; a verdadeira historia do pianista xudeu Władysław Szpilman, e as súas experiencias durante a ocupación nazi de Varsovia.
-          La lista de Schindler de S. Spielberg; narra a salvación de centos de xudeus por parte do empresario Schindler na Alemania nazi.
-          Los falsificadores de  Stefan Ruzowitzky. 2007; a verdadeira historia dun grupo de xudeus nun campo de concentración que terán que falsificar miles de dólares para axudar aos nazis a gañar a guerra.
-          Enemigo a las puertas de J.J Annaud. 2000; a II Guerra Mundial dende a óptica do bando soviético. Conta a historia dun francotirador ruso, que se convertirá nun símbolo da Revolución Bolchevique.
-        Jojo Rabbit de Taika Waititi: seguimos a un rapaz que pertence ás Juventudes Hitlerianas que descobre que a súa nai está ocultando a unha nena xudía.
-        Dunkerke de Cristopher Nolan: narra o desenlace da batalla de Dunkerque ao inicio da II Guerra Mundial.
-          SERIE TV: Hermanos de Sangre. Serie producida por Spielberg e Tom Hanks que mostra as vicisitudes dunha Compañía de Paracaídistas estadounidense durante a II Guerra Mundial na Fronte Occidental europea.
-          SERIE TV: The Pacific. Producida polos mesmos que a anterior, esta vez narra a guerra do Pacífico, contra os xaponeses.

GUERRA CIVIL E POSGUERRA:
-        La voz dormida de Benito Zambrano: a historia de dúas irmás na inmediata Posguerra, unha no cárcere e outra no exterior.
-        Los girasoles ciegos de Jose Luis Cuerda: a Posguerra nun pobo de Galicia.

GUERRA FRÍA:
-          Teléfono rojo: volamos hacia Moscú de S. Kubrick; a guerra entre os dous bloques, coa ameaza constante dunha hecatombe nuclear, dende un punto de vista satírico.
-          Gandhi de R. Attemborough: narra a vida deste personaxe fundamental da Historia do século XX, que conseguiu, coa súa política de non-violencia, a independenza da India do Imperio Británico.(dispoñible en Youtube)
-          Forrest Gump de R. Zemeckis; gran parte da historia da metade do s. XX, todo vivido polo protagonista de xeito accidental.
-          Trece Días de R. Donalson.2000; a historia dos trece días que puideron cambiar o mundo. O conflicto dos misís entre EEUU e Cuba.
-          La vida de los otros de F. Henckel-Donnersmarck. 2006 ; a historia da espionaxe na Alemania do Leste durante os últimos anos do Muro.
-          Good Bye Lenin de W. Becker. 2003 ; narra os días da caída do Muro de Berlín, e as consecuencias que ten para un rapaz da Alemania Oriental.

Última modificación: xoves, 3 de marzo de 2022, 4:20 PM