Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

X

Xarampón

Xarampón: Enfermidade contaxiosa que se caracteriza pola aparición de manchas rubias na pel.

O xarampón é unha enfermidade típica dos nenos.



Xerme

Microorganismo, en particular patóxeno.

Limpa ben a ferida para que non queden xermes que a poidan infectar.



Xeso

Sulfato cálcico hidratado, de cor branca ou incolora e moi brando, do que se obtén a escaiola.

O xeso é tan brando que se pode raiar coa uña.



Xiba

Curvatura convexa esaxerada das costas ou do peito producida por unha desviación da columna vertebral ou do esterno.

A irmá, cunha xiba case imperceptible e modos pouco refinados, atendía os visitantes.


Xiringa

Instrumento sanitario que consta dun tubo, dentro do que escorrega un émbolo, e que vale, a modo de bomba, para extraer líquidos do organismo ou para inxectalos, se se lle aplica unha agulla oca.

Extraéronlle sangue cunha xiringa.


Xordo, xorda

Que oe pouco ou que non oe nada.

Quedou xordo. É xordo de nacemento.