Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

T

Tatexar

Falar con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente, por un defecto físico nos órganos de emisión da voz, ou por causa dalgún tipo de sorpresa ou dúbida súbita.


Tifo

Doenza infecciosa grave, caracterizada por febres intensas, erupcións na pel, hemorraxias e outras desordes, e producida por rickettsias transmitidas por artrópodos.


Tirizó

Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras.


Toco, toca

Que non está completo ou enteiro porque se lle amputou un anaco.


Tolleito, tolleita

Con todos ou parte dos membros do corpo privados de movemento.


Tusir

Expulsar o aire dos pulmóns con forza e producindo un ruído característico, por se irritaren as membranas que cobren as vías respiratorias.