Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

S

Saloucar

Chorar facendo certos ruídos coa gorxa e o nariz, cortando momentaneamente o choro, ou suspirando.

Non paraba de saloucar porque non lle compraran o xoguete.


Sandar

Recobrar a saúde.

O cambio de clima conseguiu sandalo.


Sangrar

Perder ou deitar sangue.

Como consecuencia do golpe, comezou a sangrar polo nariz. Ten unha ferida no pé, que non lle para de sangrar.


Sangue (o)

Líquido vermello e viscoso que circula polas veas e arterias do organismo.

Perdeu moito sangue na operación.

Facerse doador de sangue.


Sarabullo

Erupción cutánea de grans e ronchas, xeralmente leve e pasaxeira.

Un alimento en mal estado causoume o sarabullo.


Sarampelo

Xarampón

Seu curmán pegoulle o sarampelo.


Sindrome (a)

Conxunto de síntomas e signos que caracterizan certos estados patolóxicos.

Síndrome de insuficiencia renal.