Léxico da sanidade e as enfermidades.
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
P |
|---|
PadiolaInstrumento a modo de leito portátil para o traslado de
enfermos ou feridos, que pode levarse á man ou sobre rodas. Ex: Trasladárono en padiola ata o hospital porque non se podía mover. | |
Padioleiro/ padioleiraPersoa que transporta feridos ou enfermos en padiola. Ex: Os padioleiros transportaron aos accidentados ata a ambulancia. | |
PestanexarMover as pestanas ou as pálpebras abrindo e fechando os ollos. Ex: Tiña un lixo nun ollo e non paraba de pestanexar | |
PílulaPastilla pequena. Ex: Pílulas anticonceptivas. Ten que tomar pílulas para durmir. | |
Pitoño/ pitoñaQue non ve ben dun ollo ou dos dous. Ex: Aínda estás pitoño, mira que non verme! | |
PoteGolpe na cabeza. Ex: Deu un pote contra a esquina da mesa. Vulto que sae a consecuencia dun golpe na cabeza. Ex: Saíulle un pote na testa cando bateu contra o chan. | |
ProerSentir proído nalgunha parte do corpo. Ex: Ortigouse nunha man e próelle moito. | |