Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

C

Cambra

Contracción involuntaria, dolorosa, espasmódica e transitoria dun músculo ou dun grupo muscular.

Sufriu unha cambra na perna esquerda mentres nadaba.


Cansazo

Definición: Diminución da forza a causa dunha actividade ou un esforzo.

O exceso de traballo produce cansazo.


Carapola

Definición: Capa exterior dura, que se forma nas feridas ao secaren.

Cando tivo a varicela quedoulle o corpo inzado de carapolas.


Chaga

Definición: Ferida aberta no interior ou no exterior do corpo, que xeralmente segrega pus.

Os zapatos fixéronme unha chaga.


Chocar

Definición: Incubar [unha enfermidade], ter os síntomas que lle son propios.

María está chocando unha gripe.


Chosco/a

Definición: Que non ve dun ollo.

Aínda que o operaron, quedou chosco do ollo esquerdo.


Cirurxiá/cirurxián

Definición: Persoa que exerce a cirurxía.

Operouno un cirurxián de moita sona.


Croque

Definición: Golpe leve na cabeza.

Levou un croque ao tropezar contra a columna.