Solicitude de participación: Enquisa PROA+
Estimado profesorado, equipo directivo, persoal PAS e Asociacións do entorno:
Precisamos a vosa colaboración.
O noso centro participa este curso, por primeira vez, no programa PROA+ (Programa para a Orientación Avance e Enriquecemento educativo), unha iniciativa que busca mellorar a calidade educativa e traballar por unha escola máis inclusiva, equitativa e participativa.
Como sabedes, solicitamos o programa dada as dificultades que nos estamos atopando no traballo co noso alumnado; con iso, comprometémonos á realización dun Plan Estratéxico de Mellora.
Como primeiro paso, estamos a realizar unha diagnose inicial que nos axude a coñecer mellor a nosa realidade como centro e identificar aqueles aspectos nos que podemos seguir mellorando. Para iso, é fundamental contar coa vosa opinión.
Información importante: Pedímosvos que cubrades esta enquisa sobre escola inclusiva, que é anónima e leva uns 5 minutos. A vosa participación é clave para construír entre todas e todos un espazo educativo máis aberto á comunidade educativa e adaptado ás necesidades de todo o alumnado.
Moitas grazas pola vosa implicación!
PROA+ (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo)