• Os alumnos de 1º Bach e 4º ESO do curso 22-23 do IES A GUÍA, estamos preparando a nosa excursión de fin de curso. 

    Agardamos que todas as actividades que fagamos sexan do voso agrado. 

    Contamos coa vosa axuda para conseguilo. 


    Presentamos os nosos equipos de traballo: 

    Equipo de comunicacións: encargados de publicitar os nosos eventos recaudatorios e de facer posible a comunicación entre todo o alumnado que vaia a participar na excursión. 

    Equipo de calendario: encargados de poñer as datas das diferentes actividades ou tarefas que haxa que facer e de facer cumplir os tempos para que todo funcione. 

    Equipo de administración: encargados de levar as contas ao día e de estudar os diferentes presupostos que lles cheguen. 

    Equipo de logística: encargado de falar coas empresas, chamar por teléfono ou escribir correos, facer encargos e ocuparse da súa recollida. 

    Equipo Coordinador: debe velar porque todo se estea a facer correctamente dende os outros equipos. Debe ver que o calendario se segue, que as contas están claras, que a comunicacion entre os membros da excursión funciona, etc