Section outline

  • Aproveitando a saída ó monte para recoller cogomelos, a ANPA convocou un concurso de fotografía micolóxica mediante o cal se quería dar visibilidade á variedade micolóxica presente nos montes e campos galegos. Durante o primeiro trimestre do curso as fotografías presentadas estiveron expostas na biblioteca do centro.

    Xunto coa fotografía, o alumnado tivo que presentar unha pequena ficha na que se recollían as características principais do cogomelo retratado: nome científico, nome vulgar, hábitat, aproveitamento...