Section outline

  • 1. Concienciar ó alumnado da importancia do monte como recurso natural ecolóxico, económico e de lecer.

    2. Recoñecer os diferentes compoñentes do ecosistema monte, a súa importancia e relacións.

    3. Recoñecer o poder destrutivo, non só ecolóxico, senón tamén social e económico dos incendios forestais.

    4. Enriquecer os seus coñecementos coas especies forestais máis representativas da zona.

    5. Motivar ó alumnado cun proxecto actual, innovador, integrador e aberto a toda a comunidade educativa, que o axudará a formar como cidadán responsable e a compartir estas aprendizaxes con outros nenos e adultos.

    6. Apreciar a importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana, e obrar decorrido con eles, actuando con responsabilidade

    7. Promover a conciencia do respecto polos nosos montes e valorar o que supoñen para a nosa cultura e a nosa economía.

    8. Sensibilizar ós cidadáns en xeral e ó noso alumnado en particular sobre a importancia do coidado dos montes e da súa protección, como riqueza cultural e paisaxística, para as nosas comarcas.

    9. Coñecer e compartir as principais causas de incendios forestais producidos en Galicia, facendo fincapé nas nosas comarcas.

    10. Concienciar ás comunidades educativas participantes da posible prevención destes lumes dando a coñecer as condutas de risco e explicando como evitalas.

    11. Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo; aceptar as normas e regras que, democraticamente, se establezan; articular os obxectivos e intereses propios cos dos outros membros do grupo, respectando puntos de vista distintos e asumindo as responsabilidades que correspondan, e fomentando a disciplina, a convivencia, a orde e o axeitado.

    12. Elaborar novos materiais didácticos relacionados co tema a tratar, que faciliten a labor educativa.

    13. Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do ámbito natural e social, e contribuír activamente á defensa, conservación e mellora do medio, partindo dos ámbitos máis próximos ó alumnado.

    14. Identificar, formular e resolver problemas a partir da experiencia cotiá, utilizando as axudas necesarias, ben de persoas ou ben dos recursos didácticos oportunos e dispoñibles: ordenador, biblioteca...

    15. Fomentar a autoestima do alumno e as habilidades sociais para favorecer o seu crecemento integral, como punto de partida para lograr nel actitudes positivas cara si mesmo e cara os demais.

    16. Actuar con autonomía nas actividades individuais e nas relacións de grupo (na aula, no Centro ou con outros docentes), desenvolvendo as posibilidades de tomar iniciativas e de establecer relacións afectivas, fomentando o compañeirismo entre o alumnado e o intercambio de actividades diversas con outros Centros

    17. Impulsar a funcionalidade do aprendido fóra do ámbito escolar: favorecer a relación entre as diferentes materias, utilizar metodoloxías globais.

    18. Impulsar a avaliación formativa: crear situacións de autorregulación, dar a coñecer os criterios de avaliación, potenciar a autoavaliación.