Section outline

  • O noso instituto está inmerso na natureza, o río Cabe pasa por detrás do centro e estamos rodeados de monte. O centro está ubicado nun entorno semirrural no que a relación co medio é estreita. Por outra banda, os principais problemas ós que nos enfrontamos son a deforestación e, principalmente, os incendios forestais, una verdadeira lacra para a nosa sociedade.

    Ano tras ano ó chegar a primavera véñense producindo na comarca de Lemos numerosos incendios forestais, a maioría deles provocados. Algúns son intencionados e outros causados por neglixencias nos traballos agrícolas e forestais. Pensamos que é importante concienciar ó noso alumnado e ás súas familias da importancia do coidado dos nosos montes e da prevención de incendios, con prácticas saudables que eviten poñer en situación de risco a nosa diversidade forestal e paisaxística, sobre todo neste curso posto que nestes últimos veráns déronse varios casos de incendios de sexta xeración co resultado de miles de hectáreas queimadas en Galicia e particularmente na nosa contorna. Esta sensibilización farémola extensible a toda a cidadanía aproveitando un blog que foi creado en anos anteriores , no que publicaremos datos sobre a prevención e extinción de incendios, factores de risco, e o que hai que facer cando vemos iniciar un incendio forestal.