Durante o mes de maio, o alumnado de 3º e 4º da ESO gozou dunha xornada de piragüismo no río Mandeo, organizada polo departamento de Educación Física.
A actividade permitiulles achegarse a este deporte nun entorno natural privilexiado, combinando exercicio, convivencia e contacto coa natureza. E isto aínda non remata!
En xuño será a quenda de 1º da ESO, que tamén poderá probar a experiencia no río.
